Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Campaña "1m2 polas praias e mares"

Data de publicación: 20.07.2023

Descrición:

Unha nova campaña de movilización cidadá “1m2 polas praias e mares” para combatir os efectos negativos da basuraleza, á que te podes sumar desde a túa organización, asociación, instituto, colexio ou a título individual.

 Desgraciadamente, como cada verán, as nosas costas, praias (incluídas as fluviais) e mares énchense de residuos abandonados durantes as vacacións, polo que se buscas solucións nas que poder participar podes unirte antes do 10 de setembro e crear o teu punto de recollida. 

 

O prazo para inscribirse e crear o punto de recollida estará aberto a partir do 18 de xullo e pecharase o 10 de setembro.

 

Para poder crear un punto de recollida entre no seguinte enlace Campañas 1m2 en la Playa y el Mar, e cuns sinxelos pasos pódeste inscribir e organizar o punto de recollida e posteriormente recibir os materiais necesarios. No caso de ter algún problema pode recurrir a un tutorial pinchado aquí.

 

As recollidas de residuos nos puntos inscritos de praias e mares realizaranse entre o 16 e o 24 de setembro.

 

O obxectivo non é só recoller o lixo nas praias e mares senon tamén caracterizalos a través da app MARNOBA, para o cal ofrécese unha formación online previa á campaña.

 

 

Subir