Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Convocatoria AXUDAS RESIDUOS 2020 MITERD

Data de publicación: 15.05.2020

Descrición:

 

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) lanza a convocatoria de Axudas Residuos 2020 (PIMA e PEMAR) para promover actuacións de fomento da compostaxe, de recollida separada de aceite de cociña usado para a produción de biocarburante, e de utilización eficiente do biogás.


 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda exerce de órgano colaborador na tramitación destas axudas estatais, dirixidas a concellos e outras entidades locais (mancomunidades, deputacións, etc.) ou os consorcios constituídos por ditas entidades locais, que teñan asumida a competencia da prestación dos servizos de recollida e/ou tratamento dos residuos municipais.


 

Axudas para o fomento da compostaxe:

Estas axudas están enfocadas a impulsar a implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais e a compostaxe.Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

- Proxectos de recollida separada de biorresiduos para o seu tratamento biolóxico.

- Proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria de biorresiduos.

- Proxectos de construción de instalacións de compostaxe destinadas ao tratamento de biorresiduos.


 

Recollida separada de aceite de cociña usado:

Os proxectos susceptibles de financiamento son os proxectos de recollida separada de aceite de cociña usado destinado á fabricación de biocarburante.


 

Proxectos de biogás:

Estas axudas están enfocadas a incentivar usos de biogás alternativos á queima en fachos ou de xeración eléctrica, así como a cambios en procesos que incrementen a xeración de biogás.Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

- Proxectos de depuración e inxección de biogás na rede.

- Proxectos de depuración e uso en frotas de transporte.

- Proxectos de uso en motores de coxeneración.

- Proxectos de uso de biogás para produción de calor.

- Proxectos de cambio nos procesos destinados a aumentar a xeración de biogás.


 

Tramitación e financiamento


 

As entidades locais deberán dirixir a súas solicitudes á Subdirección xeral de Residuos á seguinte dirección de correo electrónico:


 

residuos.economia.circular@xunta.gal


 

O prazo para remitir as solicitudes á Subdirección xeral de Residuos remata o 10 de xuño.


 

Corresponde ao MITERD a valoración das propostas e a distribución dos fondos entre os proxectos presentados. Solo se aceptarán os proxectos que cumpran cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria. A orde de prioridade e as contías máximas de financiamento dos proxectos establécese nas mesmas bases en función da tipoloxía do proxecto e, no seu caso, da poboación de dereito en 2019.

Documento/s relacionados
  • Bases Axudas Residuos 2020 Descargar
  • Formularios axudas 2020_RSB_R Separada Biorresiduos Descargar
  • Formularios axudas 2020_CDC_Compostaxe D e C Descargar
  • Formularios axudas 2020_COM_Instalacións Compostaxe Descargar
  • Formularios axudas 2020_RSA_R S Aceite de cociña Descargar
  • Formularios axudas 2020_BGA_Biogás Descargar
  • Resumo da convocatoria AXUDAS RESIDUOS 2020 Descargar
Subir