Data de publicación: 25.02.2026
Descrición:
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convídao/a, á xornada de impulso á adhesión das entidades locais aos convenios de xestión de residuos nos principais fluxos de RAEE, pilas, envases e vidro, na que se abordarán o seu alcance, contido e implicacións para as entidades locais.
O encontro ten por finalidade informar dos efectos ventaxosos da adhesión, así como explicar de forma clara o procedemento para formalizala, podendo incluso iniciar ou completar a tramitación durante a propia xornada se así o desexan.
Data: 2 de marzo de 2026
Horario: 10:00 – 13:15 h
Lugar: Auditorio CINC, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela (A Coruña)
Facilítase, en formato descargable, o programa e o plano de accesos.
Pregamos confirmación de asistencia por calquera destes medios: