Data de publicación: 22.01.2026
Descrición:
Coincidindo co remate do prazo xeral para a presentación da memoria resumo, o DOMINGO 1 DE MARZO DE 2026 quedará PECHADO en GaIA eResiduos o arquivo cronolóxico correspondente ao ano 2025.
En consecuencia, o último día hábil para crear, subir, modificar ou asinar traslados de 2025 na Plataforma GaIA será o 28 de febreiro de 2026.
Lémbrase a todos os xestores de valorización que, segundo o disposto no artigo 64 da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, o arquivo cronolóxico debe incluír tamén o rexistro de todas as saídas de residuos que, logo de acadar o fin da condición de residuo, se convertesen en produtos, materiais ou substancias. Estas saídas deben quedar correctamente documentadas e integradas no arquivo cronolóxico anual a través do bloque de "outros traslados>saídas de materiais de pranta".