Data de publicación: 08.09.2025
Descrición:
No marco dos traballos de mellora das condicións de prestación dos servizos vinculados á xestión dos residuos municipais, dende a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático veñen de formalizarse distintos convenios de colaboración cos sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP), nomeadamente nos fluxos de RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), pilas e envases de vidro.
Dada a incidencia e repercusión que estes acordos terán para as entidades locais, o vindeiro xoves, 11 de setembro, entre as 10h e as 11h, terá lugar un obradoiro online no que se explicarán os criterios e condicionantes que implica a adhesión dos concellos aos mesmos, co obxectivo de resolver posibles dúbidas e facilitar o acceso ao financiamento que ofrecen estes novos convenios.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario: https://forms.gle/4SNfTV37EnZ3i2EM9.