Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova versión do módulo eResiduos da plataforma GaIA: implementación de novos servizos web baseados no estándar E3L

Data de publicación: 15.07.2025

Descrición:

Acaba de publicarse unha nova versión do módulo eResiduos da plataforma GaIA, que incorpora importantes melloras en interoperabilidade mediante a implementación de novos servizos web baseados no estándar E3L.

Estes novos servizos permiten unha integración máis eficiente e automatizada cos sistemas dos usuarios, facilitando a xestión e o intercambio de información sobre residuos.

Novos servizos web dispoñibles:

getNT: Consulta de notificacións previas de traslado (NT).

getDCS: Consulta de documentos de identificación (DI).

getDocument: Acceso aos documentos de identificación en formato PDF.

sendTransboundDCS: Rexistro de traslados transfronteirizos.

getTransboundTransfer: Consulta de traslados transfronteirizos.

sendOutgoingOperation: Rexistro de saídas de produto.

getOutgoingTransfer: Consulta de rexistros de saída de produto.

 

Para máis información técnica sobre cada servizo, dispón dun manual na seguinte ligazón.

 

Ligazon/s relacionadas
Subir