Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Encontro sobre capacidades de tratamento de residuos industriais en Galicia

Data de publicación: 30.06.2025

Descrición:

 

O próximo xoves, 3 de xullo de 2025, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade organiza un “Encontro sobre capacidades de tratamento de residuos industriais en Galicia”.

Esta xornada técnica ten como obxectivo avanzar cara a unha planificación máis realista, anticipada e compartida da xestión dos residuos industriais en Galicia e pretende servir como punto de partida para a creación dun grupo técnico de traballo estable, que integre á administración e aos principais operadores do sector. O formato da xornada, baseado en exposición metodolóxica, experiencias prácticas e propostas de traballo, permitirá modular un encontro produtivo e centrado en xerar confianza, compromiso e utilidade real para todas as partes.

 Pode formalizar a súa inscrición para vostede e/ou os seus acompañantes, a través deste formulario ou no teléfono 698 19 79 97.

Detalles do evento:

  • Data: 3 de xullo de 2025
  • Horario: 9:30 a 11:00 h
  • Lugar: Auditorio 1 do Edificio Centro de Innovación Cultural (CINC), Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.
  • Recepción: Os asistentes deberán presentarse entre as 9:00 para formalizar a recepción

Agardamos contar coa súa presenza neste importante encontro do sector da xestión de residuos industriais en Galicia.

Documento/s relacionados
Subir