Data de publicación: 15.05.2025
Descrición:
O próximo martes, 20 de maio de 2025, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático presentará a Oficina de Economía Circular Industrial.
Esta oficina ten por obxecto prestar un servizo de consultoría e asesoramento especializado, destinado ás empresas, para impulsar a economía circular no eido industrial e optimizar a xestión de residuos. En particular, prestará apoio para desenvolver proxectos que fomenten o uso sostible dos recursos, a reutilización de materiais, a redución dos residuos e a maximización da reciclaxe, que posibiliten o aliñamento cos obxectivos normativos e a propia circularidade e sostibilidade industrial.
O evento de presentación terá lugar no Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco, Campillo de San Francisco 3 (Santiago de Compostela), ás 9:00 h.
É imprescindible confirmación de asistencia no teléfono 628 745 516. Poden consultar o programa, a continuación.