Data de publicación: 27.05.2021
Descrición:
Bo día, a raíz da modificación da seguinte nota do MITERD, onde retrasa a posta en marcha obrigatoria do eSIR ao 1 de setembro, cómpre comunicar que a día de hoxe o obxectivo da CCAA de Galicia segue a ser adaptar a plataforma GaIA eResiduos ao estándar E3L 3.3 e ao procedemento de traslados do RD 553/2020 a máis tardar o 1 de xullo de 2021, de acordo co establecido na disposición transitoria única do citado real decreto.
Recordámoslle que a partir da citada data non se poderá transaccionar co estándar E3L 2.3 e que o estándar E3L 3.0 e posteriores serán compatibles co estándar E3L 3.3.