Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Memorias anuais e arquivo cronolóxico 2019

Data de publicación: 04.05.2020

Descrición:

Tal e como se indicou o pasado 17 de marzo nas directrices publicadas por esta Dirección Xeral en relación aos TRASLADOS DE RESIDUOS dentro do territorio da comunidade autónoma ante a situación de emerxencia actual derivada do COVID19 os prazos para a presentación da memoria anual de xestor de residuos e de peche do arquivo cronolóxico atópanse interrompidos.

Dada a importancia dos datos contidos nas memorias anuais dos xestores para a elaboración dos indicadores de seguimento e cumprimento dos plans de xestión de residuos aprobados por este centro directivo sería preciso dispor destes datos canto antes. Deste xeito e apelando á súa boa vontade, solicitamos que, no caso de que aínda non o fixeran, presenten a memoria anual de xestores de residuos da súa entidade e den por pechado deste xeito o arquivo cronolóxico telemático da plataforma GaIA eResiduos do ano 2019.

Agradecemos de antemán a súa colaboración

 

Subir