Data de publicación: 07.05.2019
Descrición:
Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito industrial.
Xornadas informativas sobre a produción e a xestión de residuos sanitarios
Coa finalidade de mellorar a información e formación dos axentes implicados na produción e xestión de residuos sanitarios, desde esta Dirección Xeral están a organizarse varias xornadas nas 6 cidades galegas en horario de mañá:
- Luns 20: A Coruña. Salón de Actos do Hospital Abente e Lago
- Mércores 22: Santiago. Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
- Xoves 23: Pontevedra. Hospital de Montecelo
- Venres 24: Vigo. Hospital Álvaro Cunqueiro
- Luns 27: Lugo. Hospital Universitario Lucus Augusti
- Martes 28: Ourense. Hospital Nuestra Señora de Cristal
Programa
Os contidos e temática a desenvolver distribuiranse en dous bloques, grandes e pequenos centros xeradores, nos que se revisarán obrigas legais, a perspectiva dos xestores e experiencias de xestión, tanto no ámbito privado como público.
Inscrición
Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal
Para inscribirse pinche aquí