Data de publicación: 03.04.2017
Descrición:
O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA) lanza a convocatoria de 6 liñas de axudas para a mellora do medio e a integración das políticas de calidade ambiental coas de loita contra o cambio climático.
Compostaxe
Aceites domésticos
Biogás
Vertedoiros
Mellora da xestión de residuos en puntos limpos
Mellora da xestión de RAEE en puntos limpos
PIMA Residuos
No marco dos Plans de Impulso ao Medio Ambiente (PIMA), o MAPAMA convoca axudas en materia de compostaxe, aceites de cociña usado xerado no ámbito doméstico e biogás, para impulsar accións que contribúan á redución dos gases de efecto invernadoiro e avanzar no cumprimento de obxectivos da normativa vixente.
A contía do financiamento por parte do PIMA determinarase en función do alcance do proxecto e as actuacións solicitadas, tendo en conta as directrices que establecen as bases e os anexos da convocatoria para cada tipo de proxecto.
Así mesmo, no marco da implementación do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos 2016-2022 (PEMAR), o MAPAMA impulsa e financia proxectos relativos ao selado de vertedoiros de residuos da construción e demolición así como á mellora da xestión de residuos en puntos limpos.
Por outra banda, para a adecuación dos puntos limpos á nova normativa de RAEE, o MAPAMA impulsa, e financia, proxectos destinados á mellora das instalacións de puntos limpos sempre que ditas actuacións redunden na mellora da xestión destos RAEE.
Tramitación e financiamento
A contía do financiamento determinarase en función do alcance do proxecto e as actuacións solicitadas, tendo en conta as directrices que establecen as bases da convocatoria para cada tipo de proxecto.
As solicitudes formuladas para beneficiarse desta convocatoria deberán presentarse a través da dirección de correo: tecnicos.coordinacion@xunta.es.
O prazo de presentación dos proxectos remata o 3 de maio.
Corresponde ao MAPAMA a valoración das propostas e a distribución dos fondos entre os proxectos presentados.