Data de publicación: 16.05.2016
Descrición:
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes promoven un curso online sobre Xestión de Residuos Urbanos, dirixido a técnicos da área de medioambiente da Administración Local.
O curso esta organizado pola Cátedra Ecoembes Medio Ambiente e conta coa colaboración da FEMP.
Comezará o vindeiro 1 de xuño e durará ata o 24 de xullo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de maio. As inscricións realizanse a través da páxina web da Cátedra Ecoembes (ligazón indicada máis abaixo).
Conta cun total de 50 prazas, e o custe da matriculación será subvencionado con fondos do Convenio Marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e Ecoembes.
O programa do curso pódese consultar no documento adxunto.