Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Aproveitamento dos residuos non perigosos inertes para a súa utilización como recheo de canteira

Normas comúns

  • As operacións de aproveitamento non se poderán iniciar en tanto o organismo administrativo competente en materia de residuos non resolva a autorización de xestor de valorización, no caso de residuos non perigosos inertes procedentes de RCD's, ou non se pronuncie sobre a viabilidade ambiental da actuación no caso dos residuos inertes de distinta procedencia.
  • As operacións de aproveitamento destes residuos poderán realizarse unicamente cando o residuo sexa inerte e adecuado ao uso ao que se destina.
  • O organismo administrativo competente en materia de residuos poderá exixir en cada caso, a presentación periódica de analíticas que demostren que o residuo segue a ter o carácter de inerte así como un informe sobre as actividades realizadas.
Réxime Órgano que tramita
Para residuos non perigosos inertes procedentes de RCD Autorización como xestor de valorizaciónServizo de Control da Xestión de Residuos e Calidade dos Solos - Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Para o resto dos residuos non perigosos inertes ComunicaciónXefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental) da provincia onde se realiza a actividade

Documentación a aportar

  • No caso de residuos non perigosos inertes procedentes de RCD´s documentación esixida segundo o artigo 8 do Decreto 174/2005.
  • Acreditación do carácter inerte do residuo.
  • Aprobación do proxecto de restauración da concesión da explotación da canteira pola Consellería de Innovación e Industria que contemple na restauración o uso de residuos inertes.
  • Procedemento do control das entradas realizando probas de caracterización previa dos residuos a utilizar.
  • Xustificación de que o resultado da operación sexa a substitución de recursos naturais que, no caso contrario, deberían utilizarse para cumprir o fin buscado coa obra de restauración.

Outros requisitos específicos

  • No caso de residuos non perigosos inertes procedentes de RCD´s obrigatoriedade de que pase previamente por unha planta de clasificación antes do seu depósito na zona degradada, salvo que se demostre que o produtor cumpre a súa obriga de separación en orixe.
  • Realización de visita previa de comprobación “in situ” para asegurar que no espazo a restaurar non se están depositando na actualidade residuos sen control e que a zona é axeitada para o fin que se pretende.