Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Que son?

Os residuos industriais deben codificarse dentro da Lista Europea de Residuos en función da fonte xeradora dos residuos, identificando a actividade industrial e o proceso concreto no que se xeran

Considéranse residuos industriais aqueles residuos resultantes dos procesos de fabricación, de transformación, de utilización, de consumo, de limpeza ou de mantemento xerados pola actividade industrial, excluídas as emisións á atmosfera reguladas na Lei 34/2007, do 15 de novembro.

A competencia para a concesión de autorizacións administrativas e o control dos residuos en Galicia corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Exemplos de residuos industriais serían:

  • Os residuos de aceites, baterías, filtros ou catalizadores procedentes de actividades de reparación de vehículos.
  • Os residuos de recortes de madeiras, os disolventes ou os restos de pintura e verniz procedentes de actividades do sector de fabricación de mobles.
  • Os líquidos revelador e fixador, disolventes e restos de tintas procedentes de empresas do sector das artes gráficas.

Os residuos industriais poden ser perigosos e non perigosos. Ademais, en función da actividade xeradora dos residuos, poden facerse outras clasificacións. Por exemplo, algúns dos grupos concretos de residuos poderían ser residuos de construción e demolición, residuos sanitarios, residuos agrarios, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, etc.