Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

O SIRGa para usuarios rexistrados

O SIRGa para usuarios rexistrados axiliza a tramitación dos traslados de residuos e mellora a calidade e o control da información en materia de residuos. Descúbrao!

En función das actividades realizadas pola súa empresa, terá vostede a obriga ou non de utilizar o SIRGa para usuarios rexistrados, en adiante o SIRGa.

O Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos obriga, nos seus artigos 12 e 13, a utilizar as aplicacións telemáticas habilitas na páxina web do SIRGa, con sinatura electrónica recoñecida a:

  • Produtores de residuos perigosos que xeren máis de 10 t/ano
  • Produtores de residuos non perigosos que xeren máis de 1.000 t/ano
  • Xestores de residuos perigosos
  • Xestores de residuos non perigosos que realicen a actividade de eliminación en vertedoiro

Se a súa empresa non está obrigada a utilizar o SIRGa pode utilizalo de xeito voluntario como unha ferramenta útil e eficaz para:

  • Consultar en tempo real os seus expedientes, autorizacións e inscricións.
  • Levar o arquivo cronolóxico indicado no artigo 40 da Lei de residuos a través do módulo do libro de rexistro.
  • Realizar a notificación previa e os traslados de residuos perigosos de forma telemática axilizando prazos e reducindo o uso do papel.

Pode atopar nas distintas subseccións información concreta sobre a utilización do SIRGa, a súa Guía de uso e os formularios para darse de alta nesta aplicación.