Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Plan de Xestión dos Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia

Descrición:

O Plan de Xestión dos Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia  xorde como consecuencia da necesidade de planificar, informar, debater e consensuar co apoio de tódolos axentes, a axeitada xestión dos Residuos Industriais e Solos Contaminados xerados en Galicia. Os principios estratéxicos do Plan emanan da normativa europea e estatal de xestión de residuos, no marco da sostibilidade que persegue o Quinto Programa de Acción da Unión Europea.

Nel expóñense os principios e as opcións estratéxicas da xestión avanzada de residuos, así como as condicións de contorno nas que se desenvolve e se vai desenvolver no futuro a xestión de Residuos Industriais e Solos Contaminados de Galicia. Coa presentación deste Plan, non soamente se trata de maneira integrada a problemática que xeran os residuos en Galicia, senón que a súa elaboración supón un intento por lles dar resposta, nesta materia, ós obxectivos básicos que se recollen na Estratexia Galega de Residuos. Este Plan pretende facerse eco da realidade existente en Galicia en canto á xeración de Residuos Industriais. Para chegar a coñecer en profundidade esta realidade, realizouse un exhaustivo Inventario de Residuos Industriais que deu como resultado o coñecemento da cantidade de residuos xerados e das vías de xestión empregadas polas empresas galegas para eliminar estes.

Subir