Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Papel - cartón

Por cada tonelada de papel reciclado evitamos a tala de 24 árbores adultas

O papel-cartón xerado nos fogares pode clasificarse en dous grandes grupos:

 

Envases e embalaxes de papel-cartón: caixas de cartón, bolsas, sacos, papel de embalar, etc.

Estes envases deben incluír o Punto Verde como identificación de que pertencen a un sistema de responsabilidade ampliada do produtor. Pode consultar máis información sobre este sistema integrado de xestión pinchando aquí.

papel cartón

Papel mestura: papel prensa para periódicos, papel publicitario, papeis para a edición de libros, folios, sobres, carpetas, cadernos, etc.

papel cartón

A xestión de estes residuos faise de forma conxunta a través da súa recollida no contedor específico.

O ciclo do papel-cartón

Tras o seu depósito no colector azul os residuos de papel-cartón  envíanse a un planta de valorización intermedia onde se realizan operacións de limpeza, clasificación e enfardado. Tras esta primeira operación o papel-cartón clasificado entregase a un recuperador final ou a unha fábrica de papel cuxas instalacións permitan reciclalo directamente.

papel cartón

Ciclo de vida do papel-cartón