Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Obras levadas a cabo para o selado de vertedoiros

A continuación descríbense as obras levadas a cabo para o selado do vertedoiro:

  • Reperfilado: O primeiro paso é conseguir unha configuración estable dos residuos, ó mesmo tempo se pretende reducir o área de afección do vertedoiro.
  • Capas de selado: O seguinte paso é illar a masa de residuos do entorno para elimina-la contaminación. Para conseguir isto colócanse unha serie de capas cubrindo os residuos:

    Capas de selado

    • Capa de drenaxe de gases: Só se executa para un sistema de extracción de gases pasivo. A súa función é a de conducir os gases xerados pola materia orgánica dos residuos ata o exterior. Hai dúas posibles solucións técnicas: extensión de lámina de xeodren ou capa de material granular.

       

      Extensión de xeodrén para gases no vertedoiro de Valadouro (Lugo)

    • Capa de impermeabilización: A función principal desta capa é illar a masa de residuos da auga de choiva, para evita-la contaminación destas augas. Existen varias solucións técnicas, as máis comúns son: extensión de lámina de PEAD, composto bentonítico ou capa de arxila, que aseguren a impermeabilidade suficiente para a auga de choiva.

      Colocación de lámina PEAD/Extensión da lámina PEAD no vertedoiro de Valadouro (Lugo)

      Soldadura dos panos de lámina PEAD

      Colocación de composto bentonítico /Extensión do composto bentonítico no vertedoiro de Lugo (Lugo)

      Selado con bentonita dos panos de composto bentonítico

    • Capa drenaxe pluviais: A función desta capa é conduci-la auga de chuvia que chegue á superficie do vertedoiro ata fora del. Hai varias solucións: extensión de lámina de xeodren ou capa de grava.

      Capa de drenaxe de pluviais no vertedoiro de Antas de Ulla (Lugo)

    • Capa de solo e terra vexetal: Esta última capa ten como función o sustento da vexetación sobre o vertedoiro clausurado.

      Extensión de capa de solo no vertedoiro de Lugo (Lugo)