Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Como se xestionan?

Consulte no Concello como xestionar os seus residuos comerciais.

Se vostede é un produtor de residuos comerciais poderá acollerse ao sistema público de xestión destes residuos no caso de que exista, nos termos que establezan as ordenanzas dos Concellos, ou ben xestionalos por vostede mesmo.

Para a xestión dos residuos comerciais poderá optar entón por unha das seguintes opcións:

  • Entregar os residuos ó sistema de recollida que o Concello estableza.
  • Realizar vostede o tratamento dos residuos, para o cal necesitará unha autorización como xestor de residuos.
  • Entregar os residuos a unha entidade ou empresa autorizada para realizar actividades de xestión de residuos.

No caso de que o concello correspondente estableza o seu propio sistema de xestión, para acadar unha maior eficacia e eficiencia á hora de xestionar os residuos comerciais, poderá impoñer a incorporación obrigatoria dos produtores de residuos comerciais do concello a dito sistema.

Na actualidade, moitos dos residuos comerciais acaban formando parte dos fluxos de residuos domésticos, podendo nalgúns casos saturar os circuítos establecidos para a recollida de residuos municipais.

É por isto que nalgúns concellos onde a xeración de residuos comerciais é importante, establecéronse sistemas de recollida selectiva dos residuos comerciais, como a recolla porta a porta para determinadas fraccións de residuos, que consiste na recollida por parte dos servizos municipais dos residuos comerciais diante dos propios comercios.

O Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020 recolle diferentes modelos de recollida comercial:

  • Modelo integrado: Os residuos recóllense empregando os mesmos colectores e loxística de recollida que usa o cidadán.
  • Modelo mixto: Os residuos recóllense empregando diferentes colectores pero a mesma loxística de recollida que usa o cidadán.
  • Modelo segregado: Os residuos recóllense empregando diferentes colectores e diferente loxística de recollida que usa o cidadán.

Outra forma de xestión sería empregar unha combinación dos modelos anteriores en función do caso.

Na seguinte figura móstrase o modelo segregado/mixto de xestión de residuos comerciais proposto no plan:

Modelo de xestion de residuos comerciais