Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xornadas para as Entidades Locais en relación ao “Proxecto para a implantación de sistemas de recollida eficientes que melloren as taxas de reciclaxe a nivel local

Data de publicación: 16.03.2023

Descrición:

No marco do “Proxecto para a implantación de sistemas de recollida eficientes que melloren as taxas de reciclaxe a nivel local”, financiado pola Comisión Europea e executado polo equipo formado por Trinomics e Metroeconomica, van levar a cabo unha serie de sesións de traballo dirixidas ás entidades locais.

Estas sesións estarán orientadas a proporcionar ferramentas para mellorar as taxas de recollida separada de residuos a nivel local, co fin de alcanzar os obxectivos establecidos no Directiva Marco de Residuos da Unión Europea, e polo tanto, na Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

Os contidos das sesións organizaranse tendo en conta a taxa de recollida separada na entidade local (nivel principiante, intermedio, avanzado e experto) e a tipoloxía de entidade local.

Poden descargar o calendario inicialmente previsto para as sesións formativas en "Documentos".

Para poder organizar adecuadamente as sesións formativas, pedímosvos que confirmedes a vosa intención de participar nunha destas sesións formativas (e cantas persoas participarían), indicando en cal delas en función do voso nivel de implantación da recollida separada e a tipoloxía de entidade local. Como as xornadas impartiranse de maneira telemática deberán de facilitar un correo electrónico a onde se lles enviará os datos necesarios para poder acceder a elas.

O prazo para recibir a confirmación da vosa asistencia finalizará o 27 de marzo, e deberán de enviala ao seguinte correo eléctrónico bzn-comision-residuos@miteco.es

Unha vez recibísemos a vosa confirmación, realizaranse os axustes necesarios para organizar da maneira máis efectiva, en función da demanda, os grupos obxectivo para as sesións de traballo.

Documento/s relacionados
  • Calendario previsto para as xornadas Descargar
Subir