Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Nova versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 01.12.2022

Descrición:

 

Esta semana púxose en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos.

Nesta versión inclúense as seguintes melloras de funcionamento:

·         Confirmación de traslados en bloque. No menú dereito, dentro da ventá do buscador de traslados, aparece a nova funcionalidade “editar datos de aceptación en bloque” co fin de poder confirmar nun único paso a aceptación de varios traslados, mediante a subida dun arquivo csv tipo.

 

Instrucións de usoachégase enlace a vídeo tutorial de exemplo para traslados non sometidos a NT. Recordar que é importante que os traslados a incluír no arquivo deben ter como destino a conta da entidade que realiza a acción e deben estar sen asinar por parte deste.


·         Firma de documentos en bloque. Realizáronse os cambios oportunos para que, á hora firmar traslados se poidan seleccionar todos os traslados pendentes de asinar e realizar o proceso en bloque, simplemente marcando a opción “seleccionar todo” dende o buscador de traslados. O número máximo de traslados a asinar de golpe está limitado a 50 traslados.

 

·         Optimización do filtro de “traslados pendentes de asinar”. O filtro configurouse para que ao seleccionar esta opción se amosen só os traslados cun estado que permita o seu asinado, segundo a conta dende a que se accede. Polo tanto só se mostran para os xestores de destino os traslados que xa teñen incorporada a información de aceptación (parte B).

 

·         Ligar o código da NT con todos os DI relacionados. Dende o detalle dunha NT poden agora visualizarse todos os DI creados a partir desa NT así como a cantidade restante dispoñible co fin de organizar correctamente as súas notificacións previas.

 

·         Documentos de traslado con código QR. Os documentos de traslado emitidos ou modificados a partir da data da posta en marcha da versión incorporarán un código QR para axilizar o seu procesamento nos centros produtores ou xestores de residuos mediante lector QR.

 

Entrada:

Subir