Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Novidades para CAT. Real Decreto 265/2021, do 13 de abril, sobre os vehículos ao final da súa vida útil e polo que se modifica o Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, do 23 de decembro

Data de publicación: 01.04.2022

Descrición:

MEMORIA ANUAL DOS CENTROS DE DESPEZAMENTO DE VEHÍCULOS
(DESGUACES)


Prazo presentación: Antes do 1 de maio de cada ano.

 

NON é necesario presentar a memoria anual acompañada dos certificados de xestión proporcionados polos operadores aos que entregasen os residuos para o seu tratamento. (establecido no anterior Real decreto 20/2017, do 20 de xaneiro, sobre os vehículos ao final da da súa vida útil)

 

Artigo 11. Obrigacións de información.

 

1Os códigos LER-VEH pertinentes dos incluídos no anexo VIII utilizaranse nas autorizacións, no arquivo cronolóxico e nas memorias dos xestores, así como nas obrigacións de información e identificación.

 

16 01 04* 10 Automóbiles ao final da súa vida útil.

16 01 04* 20 Vehículos ao final da súa vida útil non incluídos no LER 16 01 04* 10.

 

Rexistrar entradas VFVU na Plataforma GAIA eResiduos:

 

Para as memorias anuais do próximo ano (exercicio 2022) e para completar a información do arquivo cronolóxico, será necesario rexistrar no apartado de Entregas en planta cada entrada de VFVU, de foma individualizada, asociando ao rexistro de entrada o número que conteña o certificado de destrución ou certificado de tratamento medioambiental.

 

Peso inicial do automóbil que deben incorporar os CAT ao seu arquivo cronolóxico e á súa memoria anual.

 

Sempre que sexa posible, deberase ter en conta o peso real do vehículo á entrada do CAT, obtido mediante a pesada do mesmo.

No caso de que non resulte posible determinar o peso real do vehículo mediante a súa pesada en báscula, utilizarase un ou outro dos seguintes criterios, segundo os datos contidos na ficha de Inspección Técnica do Vehículo:

 

  • A “tara” do vehículo, á que se lle restarán 40 kg do combustible.
  • A “masa en orde de marcha”, menos 75 kg do peso do condutor e 40 kg do combustible.

 

Subir