Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Traslados de residuos: Publicación da versión de probas de GaIA eResiduos E3L 3.3

Data de publicación: 29.07.2021

Descrición:

Acaba de publicarse en versión TEST a adaptación da plataforma GaIA eResiduos ao cumprimento do indicado no RD 553/2020 e ao esquema E3L 3.3.

Como novidades destacar:

  • Para traslados sometidos a notificación previa obrigatoriedade de presentar o documento de identificación parte A (datos de envío do residuo) antes de realizar o traslado.

  • Obrigatoriedade de que os documentos de identificación de traslados sometidos a notificación previa viaxen co código seguro de verificación que GaIA eResiduos ou eSIR lles reporta.

  • Posibilidade de traballar mediante webservice ou upload en versión E3L 3.0 ou posterior. Eliminase a versión do E3L 2.3.

  • Posibilidade de notificar directamente NT urxentes marcando o correspondente check-box na versión web ou indicándoo no atributo opcional “NTEmergency” da versión de E3L 3.3 que se cubriría como S/N.

Se a súa entidade o desexa pode realizar probas antes da posta en produción real desta versión, programada para a semana do 30 de agosto, accedendo a:

Lémbraselle que se trata dunha APLICACIÓN DE PROBAS, e polo tanto pode non estar plenamente operativa en algúns momentos, e ademais os datos que se manexan nesta aplicación son datos de probas e poden non coincidir coas inscricións que as entidades posúen.

 

Toda a información almacenada nesta aplicación non se terá en conta para o cumprimento das obrigas das entidades en materia de información ambiental.

 

Co fin de ter marxe para avaliar as súas propostas e levar a cabo, si procede, os cambios necesarios sen atrasar a posta en marcha desta versión precisamos que nos remitan o seu documento de análise antes do próximo 10 de agosto a incidencias-gaia@xunta.gal co Asunto “probas E3L 3.3”

 

 

No seguinte enlace dispón de toda a información sobre os esquemas da linguaxe E3L 3.3, co fin de que poidan, se o desexan, desenvolver aplicacións para intercambiar electronicamente información coa plataforma GaIA eResiduos.

https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/publicaciones/Residuos-Intercambio-Electronico-Informacion.aspx

Subir