Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Traslados de residuos: Posta en marcha eSIR e publicación de esquemas e guía E3G 3.3

Data de publicación: 11.03.2021

Descrición:

 O 10 de marzo o Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico publicou na súa web o Procedemento sobre Traslados de residuos no interior do territorio do Estado así como a guía dos estándares E3G e a linguaxe E3L na versión 3.3. Pode consultar a seguinte información nestes enlaces:

- Procedemento de traslados https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/prevencion-y-gestion-residuos/traslados/Procedimiento-Traslado-residuos-interior-territorio-Estado.aspx

- Esquemas e Guía E3G https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/publicaciones/Residuos-Intercambio-Electronico-Informacion.aspx

 

No caso da nosa comunidade autónoma todos os tralados con orixe Galicia rexistraranse na plataforma GaIA eResiduos. Dita plataforma adaptarase na próxima semana ás validacións de negocio de eSIR polo que a partir dese momento:

- Non poderán rexistrar na plataforma GaIA notificacións previas con orixe de fora de Galicia. Os operadores deben utilizar nestes casos o procedemento habilitado pola comunidade autónoma de orixe do traslado.

- Non poderán realizarse notificacións sobre centros non inscritos correctamente no rexistro estatal de xestores e produtores de residuos (eSIR), será responsable o dito centro de poñerse en contacto coa súa comunidade autónoma para que actualice a dita información.

 

Destacar que as notificacións previas de traslado xa rexistradas seguirán operativas para realizar traslados durante o período de vixencia destas ou ata que se agote a cantidade notificada.

 

Por outra banda adiantámoslle que antes do 1 de xullo de 2021 a plataforma GaIA eResiduos estará adaptada ao estándar E3L 3.3 e ao cumprimento do RD 553/2020, polo que xa non se poderán tramitar notificacións previas ou traslados na versión do E3L 2.3.

 

Subir