Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Nova versión Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 07.07.2020

Descrición:

Mañá, 8 de xullo, entre as 08:00h e as 9:30 h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

·       Formulario de axuda. Corríxense os erros que facían que algún formulario de axuda non chegase ao equipo de soporte técnico de forma correcta.

 

·    Outros trasladados. Arránxanse as incidencias que impedían o correcto rexistro de entradas e saídas de materiais ou produtos así como a exportación destes listados e de todos os incluídos no bloque de “outros traslados” como poden ser os traslados Transfronteirizos.

 

·     Arquivo cronolóxico. Soluciónanse pequenos erros que impedían xerar o informe oficial en pdf de anos anteriores

 

Desculpen as molestias

 

Subir