Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN. REDUCIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL DOS GASES FLUORADOS NO ESPAZO SUDOE

Data de publicación: 19.11.2019

Descrición:

Descrición.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, participa no desenvolvemento dun proxecto de cooperación internacional para reducir o impacto dos gases fluorados. Trátase do proxecto Interreg Sudoe KET4 F-Gas, que se desenvolve nas rexións do Suroeste europeo, co fin de traballar a favor de alternativas que contribúan á redución das emisións de gases efecto invernadoiro.

Xornadas

O próximo 4 de decembro de 2019 celebrarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) unha xornada onde se presentarán os resultados logrados polo proxecto, e contarase con expertos no sector, investigadores e administración pública para debater os avances e estratexias territoriais.

Esta xornada permitiranos coñecer o impacto sobre o cambio climático da emisión dos gases fluorados.

Programa:

Esta é unha xornada de sensibilización aberta a todos aqueles interesados na loita contra o cambio climático e, máis concretamente, na mitigación do impacto ambiental da emisión de gases fluorados no espazo SUDOE.

Inscrición:

Se precisan máis información, poden contactar na dirección electrónica angel.huertas@fundecyt-pctex.es

Documento/s relacionados
Subir