Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta de Galicia organiza 6 xornadas de formación e información na produción e xestión de RCD en distintas localidades de Galicia

Data de publicación: 13.03.2019

Descrición:

 

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito industrial.

 

Xornadas informativas sobre a xestión dos Residuos da Construción e Demolición (RCD):

Coa finalidade de mellorar a información e formación tanto de axentes implicados (Xestores, produtores, etc) como de calquera persoa interesada na produción e xestión de residuos da construción e demolición estanse a organizar varias xornadas en distintas localidades en horario de mañá:

 

22/03/2019: Ferrol. Centro de Innovación e Servicios de Galicia (CIS-Galicia)

28/03/2019: Santiago de Compostela. Instalacións da Escola Galega de Administración Pública.

1/04/2019: Vigo. Asociación de Construtores de Pontevedra.

2/04/2019: Lugo. Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo.

8/04/2019: Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel.

9/04/2019: Pontevedra. Afundación.

25/04/2019. A Coruña. Asociación Provincial de empresarios de la construcción (APECCO)

 

Programa:

Os contidos e temática a desenvolver focalizaranse na situación actual da xestión dos RCD (normativa a cumprir, xeración nos últimos anos e competencias dos axentes implicados na xestión), abrindo un obradoiro participativo entre os asistentes e contando coa experiencia práctica por parte dunha empresa construtora e por ARCODEGA.

 

Inscrición:

Co fin de favorecer a organización do evento, prégase confirmación de asistencia a través do enlace correspendente

Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal

 Para inscribirse pinche aquí

Documento/s relacionados
  • Programa das xornadas sobre a xestion dos Residuos de Construción e Demolición (RCD) Descargar
Subir