Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

XORNADA DE BIORRESIDUOS - 26/3/19

Data de publicación: 13.03.2019

Descrición:

Seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG 2010-2022), dende a Xunta de Galicia estase a impulsar a execución de distintas actuacións para axudar ás Entidades Locais a mellorar a xestión dos residuos municipais e, máis concretamente, da fracción orgánica.

Para elo, o vindeiro 26 de marzo, a partir das 10 h, terá lugar unha XORNADA SOBRE XESTIÓN DE BIORRESIDUOS no Auditorio Abanca, en Santiago de Compostela (Rúa Preguntoiro, 23).

 

Durante a Xornada, darase conta da separación e xestión dos biorresiduos así como a prevención do desperdicio alimentario e que poden ser de interese para os representantes locais, técnicos de residuos e xestores.

 

 

Para confirmar asistencia, é preciso cubrir o FORMULARIO DE INSCRICIÓN antes do venres 22 de marzo, ao que se pode acceder a través desta LIGAZÓN.

Documento/s relacionados
  • Información sobre a Xornada de Biorresiduos Descargar
  • Imaxe Xornada Biorresiduos Descargar
Subir