Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO . Nova Versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 16.09.2021

Descrición:

 

Mañán, venres 17 de setembro, entre as 08:00h e as 9:30 h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

-          Editar DI creados antes 1 de setembro. As restricións nas modificacións dos DIs non aplicará a aqueles DI creados con anterioridade ao 1 de setembro.

-          Edición única de todos os creados. Vanse resetear aquelas edicións de DI feitas con anterioridade á publicación da citada versión, de forma que todos os DI poidan ser editados de novo, unha única vez.

-          DI parte B. Permitirase a subida de DIs parte B sen que estea subida a parte A para aqueles DI con NT creados con anterioridade ao 1 de setembro.

-          Crear DI dende detalle de NT. Solvéntanse os erros que impedían crear DI dende o detalle da propia NT e habilitase de novo a dita funcionalidade.

Subir