Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

XORNADAS DE TELEFORMACIÓN básica na Plataforma GaIA eResiduos – Xestores de residuos de construción e demolición e materiais naturais escavados

Data de publicación: 06.07.2021

Descrición:

Dirixímonos a vostede para informarlle que o próximo 16 de XULLO en horario de mañá (09:00-13:00 h) realizarase unha xornada de formación básica online sobre o uso e manexo da Plataforma GaIA eResiduos centrada exclusivamente nos xestores de residuos de construción e demolición e materiais naturais escavados que, de acordo co establecido polo artigo 27.5 da Lei 6/2021 de residuos e solos contaminados de Galicia, teñen a obriga da  levanza do arquivo cronolóxico na plataforma GaIA eResiduos.

Recalcamos que por razóns de organización temática e para un maior aproveitamento deste curso só poderán inscribirse persoas relacionadas con estas entidades xestoras de residuos non perigosos de construción e demolición e materiais naturais escavados, preferiblemente con perfil técnico.

Para iso deberán  antes do 12 de xullo cubrir o seguinte formulario de inscrición:

https://cmatv.xunta.gal/formulario-xornada-gaia

Uns días antes da xornada enviarémoslle ás persoas inscritas un correo electrónico onde se indique o enlace á plataforma de teleformación habilitada.

Subir