Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO . Nova Versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 02.06.2021

Descrición:

Hoxe, 2 de xuño, entre as 08:00h e as 9:30 h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que podería non estar operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

  • Destino final R12 e R13/D15. De acordo coa interpretación do Real Decreto de traslados e de cara a homoxeneizar os procedementos con eSIR GaIA eResiduos xa permite escoller como destino final unha instalación que realice operacións de almacenamento ou de xestión intermedio.
  • LER RAEE entendido. Establecéronse as validacións oportunas sobre o LER RAEE estendido para comprobar se o centro se atopa autorizado para permitir xerar NT ou DI con destino unha instalación xestora de fóra de Galicia.
  • Conexión con eSIR. Realizaronse tarefas internas para mellorar a conexión entre ambas as plataformas co fin de conseguir unha integración total antes do 30 de xuño de 2021.
  • Subida xml en versión 2.3. Anulouse a validación do operador que impedía unha subida correcta de NT e DI en versión 2.3. Recordar que GaIA non permitira o uso da versión 2.3 unha vez se implemente a versión 3.3

Desculpen as molestias

Subir