Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

ESTRATEXIA GALEGA DE ECONOMÍA CIRCULAR 2019 – 2030

Data de publicación: 02.08.2019

Descrición:

 

Hoxe, 2 de agosto de 2019, publícase no DOG o anuncio do 22 de xullo de 2019 polo que se somete a información pública o proxecto da Estratexia Galega de Economía Circular 2019 – 2030 (ver DOG).

 

O prazo de información pública é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

 

Durante este mes poderase consultar o texto do proxecto no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia. Para acceder pinche aquí.

 

As persoas interesadas en participar poden enviar as súas alegacións ao seguinte enderezo:

 

reximexuridico.cmatv@xunta.gal

 

Outra opción é a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

A finalidade desta Estratexia Galega de Economía Circular é invitar a toda a sociedade galega a coñecer as propostas para avanzar cara unha economía circular no horizonte 2020-2030, caracterizando actuacións futuras en programas e plans políticos para abordar o tránsito da economía linear á circular.

Documento/s relacionados
  • Estratexia Galega de Economía Circular 2019 -2030 Descargar
Subir