Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Convocatoria da 2ª Mesa de Residuos

Data de publicación: 29.03.2019

Descrición:

 

O vindeiro 11 de abril terá lugar a segunda e última reunión do grupo de traballo da MESA DE RESIDUOS, que organiza a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A primeira reunión da Mesa de Residuos (celebrada o pasado 5 de febreiro) serviu de presentación das actuacións que se están a impulsar dende esta Consellería co obxectivo de mellorar a xestión dos residuos municipais, no marco do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022, así como de introdución ao estado actual da xestión dos biorresiduos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

 

Neste segundo encontro da Mesa de Residuos, a temática a tratar serán os aspectos técnicos e económicos da implantación dos diferentes sistemas de xestión diferenciada da fracción orgánica dos residuos municipais, tendo en conta a realidade do territorio galego.


A reunión terá lugar o vindeiro día 11 de abril a partir das 10 horas na Escola Galega de Administración Pública (Aula 5), sita en Rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela.

 

Pode consultar o programa en arquivo adxunto.

Para confirmar asistencia, prégase a formalización da inscrición a través da seguinte ligazónantes do martes 9 de abrilFORMULARIO

 

Documento/s relacionados
Subir