Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta convoca Xornadas de información e formación na produción e xestión de aceites industriais usados e outra específica sobre a fin de condición de residuos

Data de publicación: 13.03.2019

Descrición:

 

Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito industrial.

 

Xornadas informativas sobre a xestión dos aceites industriais usados:

Coa finalidade de mellorar a información e formación tanto de axentes implicados (Xestores, produtores, etc) como de calquera persoa interesada na produción e xestión de aceites industriais usados estanse a organizar varias xornadas en distintas localidades en horario de mañá:

 

  • 27 de marzo: Centro Cívico Caranza de Ferrol.

     

  • 1 de abril: Salón de Actos da Sede de Vigo da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Vigo.

  • 4 de abril: A Coruña: Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos da Coruña (APTCOR)

  • 11 de abril: Santiago de Compostela: GAIN.

Programa:

Os contidos e temática a desenvolver responderán ás seguintes cuestións a abordar, entre outras: a problemática actual da xestión dos aceites usados e o seu marco lexislativo e, as mellores prácticas na segregación e almacenamento dos aceites por partes dos produtores de cara á súa valorización.

 

Xornada informativa específica sobre a fin de condición de residuo de aceites industriais usados:

Coa finalidade de afondar nun dos temas importantes no campo dos aceites industriais usados estase a organizar unha xornada específica sobre a fin de condición de residuos dos aceites industriais, cuxa convocatoria terá lugar o día 12 abril ás 10:30 horas nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

 

Programa:

Os contidos e temática a desenvolver responderán ás seguintes cuestións a abordar, entre outras: a problemática actual da xestión dos aceites usados e o seu marco lexislativo e as implicacións da entrada en vigor da Orde Ministerial da fin de condición de residuo para o aceite usado.

 

Inscrición:

Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal

 

Para inscribirse na xornada de xestion de aceites industriais pinche aquí

Para inscribirse na xornada sobre o fin de concdición de residuo de aceites industriais pinche aquí

Documento/s relacionados
  • Programa das xornadas sobre a xestión dos aceites industriais usados Descargar
  • Programa das xornadas sobre o fin de condición de residuo de aceites industriais usados Descargar
Subir