Data de publicación: 01.04.2022
Descrición:
MEMORIA ANUAL DOS CENTROS DE DESPEZAMENTO DE VEHÍCULOS
(DESGUACES)
Prazo presentación: Antes do 1 de maio de cada ano.
NON é necesario presentar a memoria anual acompañada dos certificados de xestión proporcionados polos operadores aos que entregasen os residuos para o seu tratamento. (establecido no anterior Real decreto 20/2017, do 20 de xaneiro, sobre os vehículos ao final da da súa vida útil)
Artigo 11. Obrigacións de información.
1. Os códigos LER-VEH pertinentes dos incluídos no anexo VIII utilizaranse nas autorizacións, no arquivo cronolóxico e nas memorias dos xestores, así como nas obrigacións de información e identificación.
16 01 04* 10 Automóbiles ao final da súa vida útil.
16 01 04* 20 Vehículos ao final da súa vida útil non incluídos no LER 16 01 04* 10.
Rexistrar entradas VFVU na Plataforma GAIA eResiduos:
Para as memorias anuais do próximo ano (exercicio 2022) e para completar a información do arquivo cronolóxico, será necesario rexistrar no apartado de Entregas en planta cada entrada de VFVU, de foma individualizada, asociando ao rexistro de entrada o número que conteña o certificado de destrución ou certificado de tratamento medioambiental.
Peso inicial do automóbil que deben incorporar os CAT ao seu arquivo cronolóxico e á súa memoria anual.
Sempre que sexa posible, deberase ter en conta o peso real do vehículo á entrada do CAT, obtido mediante a pesada do mesmo.
No caso de que non resulte posible determinar o peso real do vehículo mediante a súa pesada en báscula, utilizarase un ou outro dos seguintes criterios, segundo os datos contidos na ficha de Inspección Técnica do Vehículo: