Data de publicación: 16.09.2021
Descrición:
Mañán, venres 17 de setembro, entre as 08:00h e as 9:30 h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.
Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:
- Editar DI creados antes 1 de setembro. As restricións nas modificacións dos DIs non aplicará a aqueles DI creados con anterioridade ao 1 de setembro.
- Edición única de todos os creados. Vanse resetear aquelas edicións de DI feitas con anterioridade á publicación da citada versión, de forma que todos os DI poidan ser editados de novo, unha única vez.
- DI parte B. Permitirase a subida de DIs parte B sen que estea subida a parte A para aqueles DI con NT creados con anterioridade ao 1 de setembro.
- Crear DI dende detalle de NT. Solvéntanse os erros que impedían crear DI dende o detalle da propia NT e habilitase de novo a dita funcionalidade.