Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO . Nova Versión da Plataforma GaIA – eResiduos conexión eSIR

Data de publicación: 12.04.2021

Descrición:

Mañá, 13 de abril, entre as 08:00h e as 09:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Esta versión do módulo de eResiduos é o resultado da conexión á plataforma estatal para o traslados de Residuos, eSIR.

Poden consultar máis información sobre esta plataforma e o seu linguaxe neste enlace:

https://sirga.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Web/Contidos_Sirga/Aviso/aviso_0247.html

 

A raíz desta versión este será o funcionamento para os traslados de residuos sometidos a notificación previa de acordo co establecido no RD 553/2020:

- Para traslados con orixe outra comunidade autónoma.

- Non se poderán rexistrar na plataforma GaIA notificacións previas con orixe fora de Galicia. Os operadores deben utilizar nestes casos o procedemento habilitado pola comunidade autónoma de orixe do traslado.+

- Queda ANULADO e invalidado o envío de novas NT a través do enderezo e3l@xunta.gal

 

- Para traslados con orixe Galicia. Uso obrigatorio da plataforma GaIA eResiduos por parte dos operadores do traslado independentemente da comunidade autónoma na que estean inscritos

- Uso obrigatorio da plataforma GaIA eResiduos por parte dos operadores do traslado independentemente da comunidade autónoma na que estean inscritos.

- Non poderán realizarse notificacións sobre centros non inscritos correctamente no rexistro estatal de xestores e produtores de residuos (eSIR). Será responsable o dito centro de poñerse en contacto coa súa comunidade autónoma para que actualice a dita información.

- O documento pdf emitido da notificación previa será o acuse de recibo da presentación oficial da NT e terá implementando un código CSV que garantiza a integridade do documento mediante o cotexo neste na sede electrónica da Xunta.

- As notificacións previas entre CCAA serán comunicadas por GaIA eResiduos a eSIR, e esta plataforma será a encargado de envíala á outra CCAA implicada no traslado.

- Queda ANULADO e invalidado o envío de NT a través do enderezo e3l@xunta.gal.

 

En todo caso as notificacións previas de traslado xa rexistradas seguirán operativas para realizar traslados durante o período de vixencia destas ou ata que se esgote a cantidade notificada.

 

Desculpen as molestias

Subir