Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xornada de teleformación básica Plataforma GaIA eResiduos – Xestores de residuos non perigosos

Data de publicación: 12.04.2021

Descrición:

 

Dirixímonos a vostede para informarlle que o próximo 20 de abril en horario de mañá realizarase unha xornada de formación básica online sobre o uso e manexo da Plataforma GaIA eResiduos centrada exclusivamente naquelas entidades que, de acordo co establecido polo artigo 27.5 da Lei 6/2021 de residuos e solos contaminados de Galicia, teñen a obriga da levanza do arquivo cronolóxico na plataforma GaIA eResiduos: xestores de almacenamento e valorización de residuos non perigosos.

Recalcamos que por razóns de organización temática e para un maior aproveitamento deste curso só poderán inscribirse persoas relacionadas coas entidades xestoras de residuos non perigosos, preferiblemente con perfil técnico.

Para iso deberán antes do 16 de Abril cubrir o seguinte formulario de inscrición, copiando e pegando este enlace no seu navegador:

https://cmatv.xunta.gal/formulario-xornada-gaia

Uns días antes da xornada enviarémoslle ás persoas inscritas un correo electrónico onde se indique o horario xunto co enlace á plataforma de teleformación habilitada.

 

Un saúdo

Ligazon/s relacionadas
Subir