Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO. Nova Versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 14.09.2020

Descrición:

 

Mañá, 15 de setembro, entre as 08:00h e as 09:30h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

  • Entradas e saídas de materiais.

    • Corrixido un erro existente nestes módulos de forma que xa se permite eliminar correctamente as entradas e saídas de materiais.

    • Realizados cambios nos campos obrigatorios a cubrir nunha entrada ou saída de material:

      • É obrigatorio cubrir os datos da entidade e centro orixe e destino do material.

      • É obrigatorio cubrir o código do traslado, permitíndose un formato libre definido polo usuario.

      • Para entradas de materiais debe cubrirse a autorización de destino.

      • Para saídas de materiais debe cubrirse a autorización de orixe.

  • Traslados transfronteirizos

    • Habilítase un novo módulo para poder rexistras aqueles traslados transfronteirizos de residuos non perigosos non sometidos ao procedemento de notificación e autorización previa. En consecuencia, haberá dous módulos para o rexistro de traslados transfronteirizos:

      • Creación de traslado transfronteirizo – not. e aut. previa (anexo I)

      • Creación de traslado transfronteirizo – información xeral (anexo VII)

      A partir de agora poden rexistrar e asinar calquera traslado transfronteirizo que realicen e esta información constará no seu arquivo cronolóxico telemático.

  • Alta a través de eTramitación

    • Corrixido erro no módulo de eTramitación que impedía aos usuarios poder rexistrar correctamente unha nova empresa na plataforma.

  • FAQs subida de documentos XML e envío por WS

    • Xa está dispoñible para a súa consulta un documento que recolle os erros ou incidencias máis habituais acontecidas durante o proceso de subida de documentos XML ou envío a través do WS así como as súas posibles solucións. Este documento estará accesible desde o módulo de eResiduos, na parte superior dereita, ao lado do botón “Manual”

                 

Desculpen as molestias

 

Subir