Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO . Nova Versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 27.03.2020

Descrición:

O próximo luns, 30 de marzo, entre as 08:00h e as 09:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

·         Datos de aceptación de traslados. Mellorase o proceso de aceptación de datos para anular os erros derivados de que esta información non se vise reflectida en certas ocasións no documento pdf emitido.

 

·         Subida de traslados con orixe/destino negociante. Corríxense erros que impedían tramitar mediante upload/webservice documentos de traslado en versión E3L 2.3 anteriores a 31/01 con notificacións previas con orixe ou destino negociante.

 

·         Descarga de pdf múltiple. Corríxense os erros detectados que impedían a correcta xeración do documento de traslados pdf en formato múltiple para certos casos.

 

Desculpen as molestias

 

Subir