Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO . Nova Versión da Plataforma GaIA – eResiduos

Data de publicación: 10.03.2020

Descrición:

Mañá, 11 de marzo, entre as 08:00h e as 09:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

·        Sinatura de traslados. Corríxense erros que impedían o asinado múltiple de traslados e outros erros relacionados con este proceso de asinado.

 

·     Duplicar e modificar NT. Corríxense os erros detectados que impedían o correcto duplicado e modificación das Notificacións previas de traslado existentes no sistema.

 

·    Actualización do manual. Adaptase o manual as configuracións recomendadas para o proceso de asinado

 

Por outra banda informarlle que pode descargar no seguinte enlace a Guía de novidades versión E3L 3.0/3.1 e adaptación ao Real decreto de traslados de residuos:

https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=122813&name=DLFE-54760.pdf

 

Subir