Data de publicación: 07.02.2020
Descrición:
Comunicámoslle que, debido á adaptación da plataforma GaIA eResiduos ao estándar E3L 3.0, o prazo do peche do arquivo cronolóxico do ano 2019 establecido para o 1 de marzo de 2020 quedará ampliado ata o 1 de MAIO DE 2020 polo que, desde ese momento, non poderán crear, subir, modificar ou asinar traslados correspondentes ao ano 2019 na Plataforma GaIA eResiduos. En consecuencia o prazo de presentación das Memorias anuais (Xestores, Desguaces e RAEE) dese ano enténdese prorrogado ata a dita data.