Data de publicación: 20.01.2020
Descrición:
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, participará nunha mesa redonda sobre o papel dos xestores de residuos na Axenda 2030 organizada por APROEMA (Asociación Profesional de Empresas Medioambientales).
O encontro terá lugar o próximo xoves 30 de xaneiro de 2020, en horario de 10:00 a 13:00 h, no Salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) (Rúa do Vilar, 54, 15705 – Santiago de Compostela), e está dirixido a xestores de residuos, empresas, concellos e profesionais interesados na temática. Pode atopar máis información e acceder ao formulario de inscrición no seguinte enlace: