Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Lanzamento convocatoria para Campaña Educativa Itinerante

Data de publicación: 05.06.2019

Descrición:

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten como un dos seus obxectivos fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos e, especificamente, a prevención do desperdicio alimentario.


Con este fin porase a disposición dos concellos unha CAMPAÑA EDUCATIVA ITINERANTE durante os meses de xuño de xullo, abordando aspectos relativos á xestión dos residuos domésticos, prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe, compostaxe e desperdicio alimentario. 

 

Esta campaña consta dunha exposición composta por 6 paneis, proxección audiovisual de contido ambiental, realización de charlas divulgativas e actividades dinámicas dirixidas ao público xuvenil e monitorizadas por un equipo de educadores ambientais, que instalarán/recollerán os paneis  e atenderán as dúbidas dos visitantes. 


As Entidades interesadas na actividade poden realizar a súa solicitude previa a través deste FORMULARIO. 

Unha vez recibida esta solicitude, contactarase coa persoa identificada para concretar e confirmar a actividade, así como para aclarar calquera aspecto que sexa preciso. 


As solicitudes atenderanse por orde de rexistro e confirmación de datas. A primeira data dispoñible para instalar a campaña sería a partir do día 10 de xuño.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar con nós a través da dirección de correo electrónico: residuos.economia.circular@xunta.gal, ou no número de teléfono 981 957 519.

 

Subir