Data de publicación: 22.02.2018
Descrición:
Recibido o Informe da Secretaría de Estado de Presupostos e Gastos, o MAPAMA foi autorizado a incrementar a dotación prevista inicialmente para a convocatoria de Axudas Residuos 2018. O incremento supón pasar dos case 3 millóns de euros, establecidos en primeira instancia, ata os 5.871.000 euros, dos cales 4.000.000 euros son con cargo ao PIMA e 1.871.000 euros con cargo ao PEMAR.
A dotación definitiva para as 5 liñas de financiamento destas axudas é a seguinte:
1. Proxectos de recollida separada de biorresiduos: 1.850.000 €
2. Proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria: 1.600.000 €
3. Proxectos de instalacións de compostaxe: 1.850.000 €
4. Proxectos de aceite de cociña usado: 300.000 €
5. Proxectos de biogás: 271.000 €