Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Orde de axudas a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal

Data de publicación: 08.08.2023

Descrición:

O 7 de agosto de 2023 publicouse no DOG a Orde do 26 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975R).

 

As liñas subvencionables para as cales as empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia  poden solicitar a axudas son:

 

a) Liña 1: proxectos de nova construción de instalacións de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE; téxtiles, etc.), ampliación de instalacións existentes para incluír liñas de preparación para a reutilización de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e mellora de instalacións existentes de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtilex, etc.) coafinalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación para asociacións e fundacións.

 

b) Liña 2: proxectos de nova construción de instalacións de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE; téxtiles, etc.), ampliación de instalacións existentes para incluír liñas de preparación para a reutilización de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e mellora de instalacións existentes de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtilex, etc.) coafinalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación para empresas e autónomos.

 


c) Liña 3: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de triaxe e clasificación de envases. Estas axudas estarán destinadas a maximizar o aproveitamento dos materiais contidos nos residuos de envases lixeiros que se recollan de forma separada e que se traten en instalacións de separación mecánica, de maneira que poidan contribuír á consecución dos obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclado así como a da redución dos residuos destinados ao seu depósito en vertedoiro para empresas e autónomos.

 

d) Liña 4: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes para incrementar a súa eficacia na recuperación de materiais contidos nos residuos municipais que se recollan de forma mesturada de maneira que poidan contribuír á consecución dos obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclaxe, así como ao de redución dos residuos municipais destinados ao seu depósito en vertedoiro para empresas e autónomos.

 

Para máis información pinche aquí.

 

 

 

 

 

 

Subir