Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

NOVIDADES MEMORIAS ANUAIS PRODUTORES 2023

Data de publicación: 11.12.2023

Descrición:

O pasado 16 de maio de 2023 o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITERD), emitiu un Acordo da Comisión de Coordinación en materia de residuos relativo á obriga da remisión da Memoria Anual dos Produtores de Residuos Perigosos.

https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/prevencion-y-gestion-residuos/comision-coordinacion.html

Actualmente están a desenvolverse as aplicacións informáticas necesarias para eximir do cumprimento de presentar a memoria anual aos Produtores de Residuos Perigosos (P01 e P02) esixida no artigo 65 da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular conforme ó establecido no punto 2.A de dito acordo.

Ata que non se desenvolvan ditas aplicacións, estarán exentos de presentar a memoria anual aqueles produtores de residuos perigosos e pequenos produtores de residuos perigosos que leven o seu arquivo cronolóxico de forma telemática a través da plataforma GaIA (confirmando os traslados como orixe para que estes pasen ao seu arquivo cronolóxico), en caso contrario deberán presentar a memoria anual conforme o modelo establecido polo MITERD.

En base a este acordo acaba de actualizarse a información publicada na páxina web do SIRGa sobre as memorias anuais de produtores de residuos perigosos e pequenos produtores P01/P02: http://sirga.cmati.xunta.es/declaracion-anual-tramites.

Subir