Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova Orde de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal

Data de publicación: 04.08.2023

Descrición:

Hoxe 4 de agosto de 2023 publicouse no DOG a Orde do 21 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S).

 

As liñas subvencionables para as cales as entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locias de Galicia  poden solicitar a axudas son:

 

a) Liña 1: melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residos, puntos limpos.

 

b) Liña 2: actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos.  

 

c) Liña 3: puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e amplicación dos servizos presentados pola Rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma.

 

d) Liña 4: proxectos de construcioón e mellora de instalacións de preparación para a reutilización e/ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtilex, etc.), así como de ampliación de instalacións para incluír novas liñas de preparación para a reutilización e a autorreparación de residuos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, co que se prevén a xestión de residuos domésticos e a eliminación.

  

e) Liña 5: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes para incrementar a súa eficacia na recuperación de materiais contidos nos residuos municipais que se recollan de forma mesturada, de maneira que poidan contribuír a acadar os obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclaxe, así como ao de redución dos residuos municipais destinados ao seu depósito en vertedoiro.

 

 

 

Para máis información pinche aquí.

 


 


 

 

Subir