Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

NOVIDADES: Memorias anuais 2022

Data de publicación: 23.12.2022

Descrición:

 

A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular establece que antes do 1 de marzo do ano posterior respecto ao cal se recolleron os datos, as persoas físicas ou xurídicas que realicen operacións de recollida con carácter profesional e de tratamento de residuos, e os produtores de residuos perigosos, enviarán unha memoria resumen da información contida no arquivo cronolóxico, no seu caso, por cada unha das instalacións onde operan desagregando a información por cada operación de tratamento autorizada.

 

Así mesmo, as entidades e empresas que transporten residuos perigosos con carácter profesional ou actúen como negociantes e axentes de residuos perigosos, enviarán unha memoria resumen da información contida no arquivo cronolóxico á comunidade autónoma na que presentasen a comunicación.


En base a estas novas obrigas acaba de actualizarse a información publicada na páxina web do SIRGa sobre as memorias anuais (apartado trámites>memoria e declaración anual) no que respecta as seguintes figuras inscritas no Rexistro Xeral de produtores e xestores de residuos:

 

- PRODUTORES DE RESIDUOS PERIGOSOS E PEQUENOS PRODUTORES P01/P02.

Deben cubrir o formulario de memoria anual de produtores dispoñible na páxina web do SIRGa , apartado trámites>memoria e declaración anual, seguindo as instrucións alí indicadas e presentala en formato editable a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal/portada polo procedemento MT201I indicando “Memoria anual de produtor de residuos”,

 

- TRANSPORTISTAS, AXENTES OU NEGOCIANTES DE RESIDUOS PERIGOSOS

Deben presentar un resumo en formato editable da información contida no arquivo cronolóxico de acordo co indicado coas instrucións dispoñibles na páxina web do SIRGa , apartado trámites>memoria e declaración anual. Debe aportar dita documentación dende o apartado “outra documentación” dentro do procedemento MT201I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal/portada indicando se son transportistas, axentes ou negociantes.

 

 

En canto ás memorias de xestores, dos centros de despezamento de vehículos (CAT) e de xestores e negociantes de RAEE simplemente se actualizou a información referente a normativa polo que os formularios non presentan cambios salientables. Como recordatorio indicar que as entidades que conten con autorización de plantas móbiles ou de operacións de recheo deberán presentar unha memoria de xestor.

Subir